G1401021 Xestión Administrativa e comercial avanzada con aplicación informática

Curso do Plan Anual 2014-15, programado para profesorado da familia de Administración e Xestión
Mar, 07/04/2015 - 10:11
aplicaciones informaticas

A partires do vindeiro 13 de abril, iniciarase un curso en rede programado para profesorado da familia de Administración e Xestión “Xestión Administrativa e comercial avanzada con aplicación informática”.

Os obxectivos deste curso inclúen coñecer a aplicación informática FactuSol, así como o seu manexo mediante a resolución de supostos prácticos.

A actividade estenderase durante 7 semanas. Durante ese tempo deberanse completar as tarefas que a titora  propoña. Como axuda estarán dispoñibles a través do email e dos foros para contestar dúbidas e resolver problemas, e ademais haberá documentación de axuda colgada na mesma aula virtual. Para recibir a certificación correspondente, debe facerse correctamente o mínimo das tarefas que a titora estableza.
Como é un curso en rede, cada participante pode conectarse á aula virtual no tempo e horario que considere oportuno.

Enlace Fprofe:http://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=61039

Menús CAFI node R

 

Sección