Proxecto de decreto polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia

Ven, 27/03/2015 - 08:50

Para dar cumprimento ao disposto nos artigos 41 e 42 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon a exposición pública o proxecto de decreto polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

As organizacións, as asociacións, as comunidades educativas e a cidadanía, en xeral, poden realizar as proposicións, as suxestións ou as recomendacións que estimen oportunas ao citado proxecto. Para iso, deben utilizar o documento “modelo_alegacións_decreto.doc”, que se achega, cubrilo, segundo as instrucións que figuran nel, e envialo ao enderezo de correo electrónico: curriculos@edu.xunta.es

  • O prazo para realizar as proposicións, as suxestións ou as recomendacións remata o 21 de abril de 2015.