Anteproxecto de decreto polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia

Mar, 24/03/2015 - 20:18

Para dar cumprimento ao disposto nos artigos 41 e 42 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon a exposición pública o anteproxecto de decreto polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

As organizacións, as asociacións, as comunidades educativas e a cidadanía, en xeral, poden realizar as proposicións, as suxestións ou as recomendacións que estimen oportunas ao citado anteproxecto. Para iso, deben utilizar o documento “Modelo_alegacións_decreto_es”, que se achega, cubrilo segundo as instrucións que figuran nel e envialo ao enderezo de correo electrónico: curriculos@edu.xunta.es

  • O prazo para realizar as proposicións, as suxestións ou as recomendacións remata o 21 de abril de 2015.