Título node Learning object
MOOC sobre “Uso creativo de tabletas en educación” de European Schoolnet
Xov, 12/03/2015 - 12:48
A plataforma virtual educativa formada por máis de 31 Ministerios de Educación, Europen Schoolnet Academy, ofrece cursos en liña para docentes de primaria e secundaria. Un destes cursos, é o MOOC sobre “Creative Use of Tablets in Education”, que pretende apoiar aos docentes no inicio do uso de dispositivos móbiles e acercarlles aos novos enfoques de ensinanza e aprendizaxe 1:1 fomentados polo uso destes dispositivos.
Este curso comeza o próximo 13 de abril de 2015 e terá unha duración de cinco semanas, é gratuíto e a inscrición realízase no acceso web do curso.