A creación literaria e os seus autores: XI Encontros con escritores.

O vindeiro mércores, 25 de febreiro de 2015 ás 18.30 no Salón de actos da UNED da Coruña terá lugar unha nova sesión do ciclo "A creación literaria e os seus autores: XI Encontros con escritores". Autor invitado o escritor JULIO LLAMAZARES.
Mér, 25/02/2015 - 10:07
Encontros con escritores

O vindeiro mércores, 25 de febreiro de 2015 ás 18.30 no Salón de actos da UNED da Coruña terá lugar unha nova sesión do ciclo "A creación literaria e os seus autores: XI Encontros con escritores". Este día contaremos coa presenza como autor invitado do escritor JULIO LLAMAZARES.

Julio Llamazares naceu en Vegamián, unha viliña da montaña de León desaparecida baixo as augas dun encoro, en 1955. Poeta, ensaísta e narrador español, cultivou a literatura de viaxes, a crónica de prensa e o guión cinematográfico. Estudou Dereito antes de instalarse en Madrid, cidade á que se trasladou para dedicarse ao periodismo. Deuse a coñecer como poeta con La lentitude dos bois (1979), e tras publicar un curioso ensaio titulado El entierro de Genarín (1981), consolidou a súa posición de poeta con Memoria de la nieve (1982, Premio Jorge Guillén). Escribiu literatura de viaxes -El río del olvido (1990), Trás-os-Montes (Alfaguara, 1998), Cuaderno del Duero (1999) e Las rosas de piedra (Alfaguara, 2008), primeiro volume dun percorrido sen precedentes por España a través das súas catedrais. Como novelista publicou Luna de lobos (1985), La lluvia amarilla(1988), Escenas de cine mudo (1994), El cielo de Madrid (Alfaguara, 2005) e Las lágrimas de San Lorenzo (Alfaguara, 2013). Tamén cultivou o relato curto -En mitad de ningunha parte (1995) e Tanta pasión para nada (Alfaguara, 2011)- e o guión cinematográfico, Retrato de un bañista (1996), El techo del mundo (1998), escrito conxuntamente con F. Veiga para unha filmación sobre a memoria histórica. Os seus artigos xornalísticos foron recollidos nos libros En Babia (1991), Nadie escucha (Alfaguara, 1995) e Entre perro y lobo (Alfaguara, 2008). De moi recente aparición é a súa novela, Distintas formas de mirar el agua (Alfaguara, 2015). Obtivo en Italia os premios ITAS e Nonino e foi finalista do Premio Nacional de literatura en dúas ocasións.

A seguinte sesión celebrarase o día 5 de marzo e o autor invitado será Felipe Benítez Reyes.