Título node Learning object
Son premios organizados por RACE (Real Automóbil Club de España) e Goodyear , e que teñen como obxecto a promoción da seguridade viaria e a cultura nos escolares de Educación Primaria de toda España. Esta iniciativa conta co apoio institucional do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, a Dirección Xeral de Tráfico, a Fiscalía de Seguridade Viaria, a Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas, e o Instituto de Cinematografía e Artes Audiovisuais.
O concurso está dirixido a todos os centros do territorio español que presenten curtametraxes realizados por un “responsable de grupo” maior de idade e un grupo máximo de 8 alumnos/as de primaria, representando situacións coas que o alumnado presenta camiño ao centro, xa sexa como peóns, ciclistas, pasaxeiro de transporte escolar ou privado.
Prazo de presentación das curtametraxes: 15 de maio de 2015 ás 17:00 horas.
Máis información no enlace achegado.