L1401020 A diversidade nas aulas. Estratexias para unha escola inclusiva
Actividade dirixida a todo o profesorado coa finalidade de sensibilizar e contribuir a desenvolver unha actitude positiva cara a inclusión do alumnado nas aulas e centros ordinarios e aprender estratexias de intervención para a aplicación na aula inclusiva atendendo ás súas características.
Lun, 02/02/2015 - 18:36
Referencia: L1401020
Centro de formación e recursos: Lugo
Temporalización: 11/02/2015 - 23/03/2015
Nesta actividade contémplanse 3 horas de traballo individual.
Horas totais: 24
Horas presenciais: 21
Horas non presenciais: 3
Obxectivos
- Sensibilizar e contribuír a desenvolver unha actitude positiva cara a inclusión do alumnado nas aulas e centros ordinarios.
- Coñecer as características do alumnado con necesidades educativas específicas.
- Aprender estratexias de intervención para a aplicación na aula inclusiva.
Contidos
- Intervención na aula inclusiva: recursos específicos para o alumnado con dificultades aprendizaxe, conduta, discapacidade e outros necesidades.
- Deseño e aplicación de respostas educativas educativas dentro da escola inclusiva.
- Estratexias de intervención para a inclusión do alumnado.