Relación de centros adheridos á iniciativa "Voluntariado na Biblioteca Escolar"
Voluntariado na Biblioteca Escolar é unha das accións que integran o programa Bibliotecas Escolares Solidarias, tal e como se recolle na resolución da Dirección Xeral de Centros e RRHH do 5 de decembro de 2014. Poden adherirse a esta iniciativa os centros de ensino secundario, bacharelato, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial (conservatorios, escolas oficiais de idiomas, centros de ensinanzas de persoas adultas) que contan con grupos formalizados de alumnado colaborador coa biblioteca escolar.
Rematado o prazo para a presentación de solicitudes de participación, publícase a relación de centros adheridos ao Voluntariado na biblioteca escolar.
Con data límite do 30 de xuño de 2015 deberán presentar a documentación requirida no apartado 3, punto 3 da convocatoria, co fin de que se poidan tramitar os diplomas ou certificados correspondentes. Esta iniciativa desenvólvese en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.