Resolución provisional dos proxectos admitidos para a súa participación no Plan Proxecta durante o curso 2014/2015
Publícase a continuación a listaxe provisional dos proxectos admitidos en cada programa educativo para a súa participación no Plan Proxecta durante o curso 2014/2015.
Tal e como se establece no artigo 10 da Resolución do 20 de maio de 2014 que regula o Plan Proxecta ábrese, a partir de mañá día 11 de novembro, un prazo de 10 días naturais (ata o 20 de novembro de 2014) para facer reclamacións a esta listaxe provisional ou para renunciar a participar no Plan Proxecta durante o curso 2014/2015.
Tanto as reclamacións como as renuncias débense facer mediante o modelo de instancia que está accesible abaixo en formato PDF editable.
NOTA: Prégase o envío dunha copia dixital da instancia entregada por rexistro ao seguinte enderezo electrónico: planproxecta@edu.xunta.es
Resolución do 20 de maio de 2014 (DOG)
Resolución do 22 de setembro de 2014: Ampliación do prazo de solicitude (DOG)
Listaxe provisional dos proxectos admitidos Plan Proxecta 2014/2015
Formulario de instancia para reclamacións e/ou renuncias
Listaxe definitiva dos proxectos admitidos Plan Proxecta 2014/2015