O repositorio de contidos educativos do espazoAbalar chega aos 2.200 recursos
Ven, 31/10/2014 - 08:00
O repositorio do espazoAbalar ampliou novamente a súa oferta, nesta ocasión con 48 novos contidos educativos en formato dixital.
Coa nova actualización do repositorio alcánzanse os 2.200 recursos, dispoñibles en varios idiomas, para os seguintes niveis educativos: educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos.
Os traballos proceden fundamentalmente:
- Das Unidades do ámbito Científico-Tecnolóxico da Educación Secundaria de Adultos (ESA) para os Módulos 1, 2, 3 e 4. Súmanse ás do ámbito Social e ás do ámbito da Comunicación publicadas anteriormente. Está elaborada en bloques coa ferramenta de autor exelearning. Así mesmo, pódese descargar un arquivo en formato .ZIP para restaurar todas as unidades didácticas de cada ámbito e módulo nunha aula virtual Moodle.
En breve, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) completarán o currículo de Educación Secundaria de Adultos no repositorio de contidos do espazoAbalar.
- Das licenzas de formación durante o curso 2013/14 de: Jorge Domonete Pereiro polo proxecto interdisciplinar "A horta escolar ecolóxica"; Eduardo Rodríguez Machado polos recursos sobre Educación Física e as TIC; Alberto Abadín Cid pola aula virtual "Planeta Lume"; Pablo Trashorras de la Fuente polo primeiro videotitorial dentro do proxecto TUTOMATE (na seguinte actualización publicaremos a totalidade dos videotitoriais de este traballo) e Manuel Rosales Graña e Ana Mª Rial Aparicio pola actualización da súa licenza "A competencia comunicativa en 1º e 2º da ESO".
-
Máis información