Convocatoria para participar no programa de visitas e actividades na Fundación Coren. Plan Eduemprende
Mér, 17/09/2014 - 11:48
Esta convocatoria ten por obxecto o fomentar, difundir e transmitir ao alumnado de diferentes niveis educativos aprendizaxes relacionadas co cooperativismo e a cultura do emprendemento a través do coñecemento das instalacións dispostas na Fundación Coren.
Estas actuacións enmárcanse no Plan de Emprendemento no Sistema Educativo Eduemprende.
Forma parte deste programa achegar aos nenos/as e aos mozos/as á cooperativa Coren, como modelo de emprendemento cooperativo e a través do equipamento específico disposto na Fundación Coren.
O prazo de solicitude remata o 30 de setembro de 2014.
Consulte a Convocatoria Programa da Fundación Coren 2014-2015