Convocatoria para incentivar o funcionamento de Clubs de lectura en centros públicos durante o curso 2014/2015
Lun, 15/09/2014 - 10:04
Xúntase convocatoria da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se apoia o funcionamento de Clubs de Lectura en centros públicos de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que impartan ensinanzas de educación secundaria, bacharelato, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial, para o curso 2014/2015.
- O prazo de presentación de solicitudes remata o 10 de outubro de 2014.