Título node Learning object
Ficha técnica
Institución:
- Presidencia da Xunta de Galicia
- Secretaría Xeral para o Deporte
- Fundación Deporte Galego
Ámbito: saúde / actividade física
Definición: participación en actividades de carácter lúdico e transversal para o fomento da actividade física utilizando a música e o movemento.
Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: infantil, primaria, ESO e bacharelato, FP e adultos.
Límite de centros participantes: 40 centros.
Criterios de selección:
- Adecuación do proxecto á finalidade, aos obxectivos e aos contidos do programa.
- Calidade do proxecto presentado.
- Centros participantes na experiencia do curso 2014-2015 cun proxecto final validado e certificado.
- Centros participantes na experiencia do curso 2014-2015.
Responsable do programa:
Nome: Miguel Rodríguez del Corral
Departamento: Fundación Deporte Galego
Teléfono: 881 996 376
Correo electrónico: miguel.rodriguez.corral@xunta.es
Xustificación
O Plan de Fomento de Actividade Física Galicia Saudable establece entre as súas prioridades, e fronte aos prexuízos derivados do sedentarismo, o incremento da actividade física en idade escolar, tanto no centro escolar (dentro e fóra do currículo) coma fóra del. Con este programa, preténdese difundir entre a comunidade educativa a necesidade de levar unha vida activa e propiciar que os nenos e nenas incrementen a súa carga de actividade física realizada no ámbito do centro educativo, experimentando novas formas e modelos para a conseguir unha condición física máis saudable e a adoptar uns hábitos de vida máis activos.
Obxectivo xeral
Móvete+ é unha proposta para toda a comunidade do centro educativo. Trátase de promover a actividade física a través dunha acción de carácter lúdico, transversal, divertida e ao mesmo tempo sumar máis cantidade de exercicio físico para achegarnos ao que recomenda a Organización Mundial da Saúde.
A través dunha coreografía, música e letra orixinal, e a súa implantación nas clases de Educación Física, Música, nos tempos de lecer, nos cambios de clase, etc, Móvete+ busca difundir a necesidade de adquirir hábitos de vida activa orientada ao mantemento e mellora da saúde, e a prevención de enfermidades crónicas non transmisibles (ECNT).
Na memoria final deberase entregar un vídeo ou unha ligazón a unha web, blog ou páxina similar coa coreografía traballada (ensaios, actividades, etc.) e o seu resultado final (flashmobe, lipdup, etc).
Palabras clave
Actividade física. Creatividade. Hábitos de vida saudable. Sedentarismo.
Obxectivos específicos
PARA O ALUMNADO
- Manter o mellorar o estado de saúde a través da adquisición de hábitos de vida activos e saudables.
PARA O PROFESORADO
- Dotar o alumnado de competencia motriz que lle permita adaptarse a varias situacións da práctica non só lúdica e deportiva senón tamén da súa vida diaria.
- Incrementar a participación do alumnado en diferentes actividades fisico-deportivas.
Metodoloxía recomendada
Os centros educativos teñen a liberdade de seguir a coreografía no seu formato orixinal ou ben, partindo desta proposta, realizar unha adaptación da mesma (coreografía, música, vestiario, etc).
Temporización
A temporización abarcará todo o curso escolar.
Actividades e recursos
- Material didáctico:
- Recursos web de promoción de actividade física e saúde:
- Plataformas-web: DAFIS (datos de actividade física saudable a través da valoración da condición, física): dafis.xunta.es
- Plataforma de Eventos de Galicia Saudable (ferramenta de xestión de eventos de actividade física): http://galiciasaudable.xunta.gal/portada
- Mapa de recursos xeorreferenciados Galicia Activa: galiciactiva.xunta.es
Vinculación co Plan Proxecta
A vinculación do programa Móvete+ coas liñas estratéxicas do Plan Proxecta é clara. Como xa citamos, un dos obxectivos xerais deste programa é promover a educación en valores a través do potencial educativo do deporte ofrecendo recursos metodolóxicos para o ensino dos valores inherentes ao deporte en distintas actividades escolares e na vida diaria.
Vinculación coas competencias clave
E no referente á adquisición das competencias clave, o enfoque do noso programa ten cabida en todas elas:
- Comunicación lingüística, a través da adquisición de normas e o traballo globalizado.
- Matemática e competencia básicas en ciencia e tecnoloxía, axudando o desenvolvemento das capacidades perceptivo-motrices coas diferentes metodoloxías lúdicas.
- Dixital, a través do uso de aplicacións informáticas e das redes sociais como ferramentas para compartir coñecementos e experiencias, fomentado a creación de redes e microrredes de traballo.
- Aprender a aprender, á que se chega a través da consecución de vivencias que contribúan a crear e asentar hábitos de ocio activo, así como recursos básicos para que os participantes autoxestionen as súas prácticas.
- Sociais e cívicas, favorecendo os aspectos afectivos e sociais da súa personalidade.
- Sentido de iniciativa e espírito emprendedor, axudándolles a proxectar e ampliar os coñecementos nas actividades fisico-deportivas que realicen no seu tempo de lecer ao longo de toda a súa vida, sabendo que é o que fai e escollendo en función dos seus coñecementos, necesidades e intereses aquilo que lle pareza máis oportuno.
- Conciencia e expresións culturais, cos xogos populares e coñecementos sobre a cultura físico-deportiva.
Produto final
Xunto coa memoria final, os centros participantes deberán entregar un produto (web, blogspot, ligazón) de difusión do seu traballo. Este produto debe recoller o traballo do proxecto na modalidade na que se participa (investigación, preparación, realización-participación, avaliación), integrar as novas tecnoloxías e mais a participación activa dos escolares.