A creación literaria e os seus autores
Informámosvos que o xoves, día 24 de abril ás 18:15 h. no Salón de Actos da Uned da Coruña, celebraremos unha nova sesión das Xornadas "A creación literaria e os seus autores: X Encontros con creadores". Nesta sesión, titulada "Literatura e cine: matrimonio de conveniencia", contará coa presenza do director de cine, guionista e escritor Manuel Gutiérrez Aragón. Conversaremos co autor da súa obra, recorreremos a súa rica experiencia vital e literaria e afondaremos nas motivacións que o levaron a dedicar unha parte importante da súa vida ao cine e a literatura.
Organiza estes encontros o CENTRO DE FORMACIÓN E RECURSOS DA CORUÑA baixo a coordinación de Javier Pintor. Intervén como interlocutor na mesa de debate, Xabier Seoane, recoñecido autor galego.
O enlace para seguir a sesión por videoconferencia é o seguinte: