C1301100: Estereotipos de xénero e medios: como abordar o tema na aula. Secundaria

No CFR da Coruña. Data límite de inscrición 25 de marzo.
Mar, 25/02/2014 - 12:03
Estereotipos. Secudaria.

Referencia: C1301100
Centro de formación e recursos: A Coruña
Temporalización:  25/03/2014  -  30/04/2014
Data límite de inscrición: 25/03/2014
Lugar: CFR Coruña
Prazas:  25

Horas presenciais: 15
Horas non presenciais: 0

Destinatarios

  • Educación secundaria obrigatoria

Corpos e especialidades

590 - Profesores de ensino secundario

Criterios de selección

Os criterios xerais do plan anual de formación.

Obxectivos

1.Determinar colectivamente co profesorado como se constrúen os estereotipos de xénero entre o alumnado

2.Ofrecer ao profesorado ferramentas de análise de diferentes medios que inflúen na creación de estereotipos de xénero entre o alumnado

3.Ofrecer ferramentas ao profesorado para a deconstrución dos estereotipos de xénero que se reproducen nos medios aos que accede o alumnado

Contidos

1.Conceptos e procesos de creación de estereotipos de xénero

2.Medios que teñen mais influenza sobre o alumnado

3.Pegada que os medios deixan no proceso de socialización desta poboación

4.Ferramentas de análise e deconstrución para tentar traballar na ruptura de estereotipos de xénero que consolidan estruturas de desigualdade entre a xente mais nova



Asesor responsable da actividade

Asesor:  AGUILERA CARRASCO, JOSÉ MARÍA