C1303002: III Encontros de atención á diversidade desde os departamentos de orientación e o equipo de orientación específico
Referencia: C1303002
Centro de formación e recursos: A Coruña
Temporalización: 12/03/2014 - 12/03/2014
De 9 a14 e de 16 a 20 horas.
Lugar: Salón de Actos da UNED, r/Pepín Rivero, 3, 15011 A Coruña
Prazas: 190
Destinatarios
Todas as ensinanzas
Corpos e especialidades
511018 - Catedráticos de ensino secundario. Orientación educativa
597039 - Mestres. Orientación
590018 - Profesores de ensino secundario. Orientación educativa
Criterios de selección
Xefes e xefas do Departamento de Orientación de Primaria e Secundaria. Orientadores de Primaria e Secundaria. Os criterios xerais do plan anual de formación
Obxectivos
1.Optimizar a colaboración na prevención e intervención entre os Departamentos de Orientación e o Equipo de Orientación Específico.
2.Manter unha rede dinámica de intercambio de información e boas prácticas entre departamentos de orientación e o equipo de orientación específico.
3.Compartir modelos, protocolos, materiais e recursos de atención á diversidade.
Contidos
1.Estratexias de prevención e intervención na atención á diversidade coordinadas entre os Departamentos de Orientación e o Equipo de Orientación Específico nas distintas especialidades.
2.O traballo en rede entre orientadores para consultar dúbidas e compartir materiais, recursos e boas prácticas.
3.Modelos, protocolos, materiais e recursos de atención á diversidade entre os Departamentos de Orientación e o Equipo de Orientación Específico.