Resolución das axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo (prazo outubro)
Ven, 14/02/2014 - 08:01
Xúntase a Orde do 27 de xaneiro de 2014 pola que se fai pública a resolución das axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo, convocadas pola Orde do 16 de maio de 2013.
Anúnciase a exposición ao público das listaxes definitivas dos beneficiarios das axudas concedidas correspondentes ao ano 2013, prazo outubro, e nas contías que se indican, que estarán expostas no taboleiro de anuncios da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, na Consellería de Presidencia, Oficina de Atención ao Cidadán, e nas xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.