Intelixencia emocional para a optimización da comunicación interpersoal
A comunicación inter e intrapersoal conforman dúas das intelixencias múltiples postuladas por H. Gardner. Este curso dotará ao profesorado de ferramentas básicas necesarias para a xestión emocional e a comunicación positiva.
Mér, 12/02/2014 - 20:12
INTELIXENCIA EMOCIONAL PARA A OPTIMIZACIÓN DA COMUNICACIÓN INTERPERSOAL
Referencia: S1301062
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización: 10/03/2014 - 07/04/2014
Data límite de inscrición: 12/12/2013
Lugar: CAFI. Santiago de Compostela
Prazas: 25 Horas totais: 20 h, presenciais.
Aula virtual: http://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual/course/view.php?id=439
Destinatarios: todas as ensinanzas, corpos e especialidades.
Criterios de selección:
Os criterios xerais do plan anual de formación
Obxectivos
- Promover o desenvolvemento e optimización da competencia emocional.
- Optimizar as relacións e as competencias comunicativas. Prover ao profesorado de ferramentas de comunicación interpersoal útiles para apalicación na aula e a mellora da convivencia e do clima de centro.
- Dar pautas para a estimulación dalgunhas intelixencias múltiples da teoría de H. Gardner.
Contidos
- Intelixencia emocional para a mellora intra e interpersoal. Xestión das emocións.
- Competencias comunicativas, na aula, no centro e no ámbito persoal.
- Canles representacionais de comunicación na aula, para a mellora do clima de aprendizaxe.