Título Event node R
Intelixencia emocional para a optimización da comunicación interpersoal
Mércores, 12 Febreiro, 2014 - 20:02
INTELIXENCIA EMOCIONAL PARA A OPTIMIZACIÓN DA COMUNICACIÓN INTERPERSOAL
Referencia: S1301062
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización: 10/03/2014 - 07/04/2014
Lugar: CAFI. Santiago de Compostela
Aula virtual: http://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual/course/view.php?id=439
Prazas: 25 Horas: 20
Destinatarios
Todas as ensinanzas,corpos e especialidades
Obxectivos
- Promover o desenvolvemento e optimización da competencia emocional.
- Optimizar as relacións e as competencias comunicativas. Prover ao profesorado de ferramentas de comunicación interpersoal útiles para apalicación na aula e a mellora da convivencia e do clima de centro.
- Dar pautas para a estimulación dalgunhas intelixencias múltiples da teoría de H. Gardner.
Contidos
- Intelixencia emocional para a mellora intra e interpersoal. Xestión das emocións.
- Competencias comunicativas, na aula, no centro e no ámbito persoal.
- Canles representacionais de comunicación na aula, para a mellora do clima de aprendizaxe.