Título Event node R

A aprendizaxe cooperativa na aula para a Atención á diversidade

Data: 

13/01/2014 - 17/03/2014
Luns, 13 Xaneiro, 2014 - 19:58

A APRENDIZAXE COOPERATIVA NA AULA PARA A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Referencia: S1301049
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización:  13/01/2014  -  17/03/2014
Lugar: Facultade de Ciencias da Educación (Pedagoxía) Campus Sur
Prazas:  30

Horas totais : 50 horas  //   31 horas presenciais e 19 en rede.

Obxectivos

1.Aproximarse ao coñecemento dos fundamentos da aprendizaxe cooperativa en condicións de inclusión.

2.Ofrecerlle ao profesorado as estratexias e ferramentas necesarias para estruturar a actividade da aula de xeito cooperativo.

3.Implementar na aula algunhas dinámicas de cohesión, algunhas estruturas cooperativas e algún plan de equipo.

Observacións

O curso consta de 50 horas. Ten unha fase presencial de 10 sesións, e unha fase en rede, que haberá que superar conxuntamente para obter a certificación final.

Contidos

1.Aprendizaxe cooperativa e inclusión escolar.

2.A estruturación da actividade escolar dende a aprendizaxe cooperativa: fundamentación e conceptos básicos.

3.Ámbitos de intervención

4.Dinámicas de cohesión, estruturas cooperativas e plan de equipo.