C1303001: X Encontros con escritores

Martes 10 de decembro, inauguración dos X Encontros con escritores no salón de actos da UNED.
Lun, 09/12/2013 - 21:04
Encontros

Informámosvos que o vindeiro martes, día 10 de decembro ás 18:30 h. no Salón de Actos da UNED da Coruña, comeza unha nova edición das Xornadas "A creación literaria e os seus autores: X Encontros con creadores". A sesión inaugural contará coa presenza dos poetas MANUEL ÁLVAREZ TORNEIRO e ÁNXELES PENAS.

Organiza estes encontros o CENTRO DE FORMACIÓN E RECURSOS DA CORUÑA baixo a coordinación de Javier Pintor. Intervén como interlocutor na mesa de debate, Xabier Seoane, recoñecido autor galego.