Resolución das axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo

Mar, 12/11/2013 - 08:15

Xúntase a Orde do 24 de outubro de 2013 pola que se resolve a convocatoria do 16 de maio de 2013, pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo.

Anúnciase a exposición ao público das listaxes definitivas dos beneficiarios das axudas concedidas correspondentes ao ano 2013, prazo maio, e nas contías que se indican, que estarán expostas no taboleiro de anuncios da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; na Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; na Oficina de Atención ao Cidadán e nas xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.