Relación provisional do profesorado seleccionado na convocatoria de licenzas por formación para o curso 2013/2014 pola que se realiza a oferta pública de formación permanente do profesorado en linguas estranxeiras en Canadá e Francia

Ven, 13/09/2013 - 08:35

Xúntase a proposta de resolución do 12 de setembro de 2013 pola que se fai publica a relación provisional do profesorado seleccionado na convocatoria de licenzas por formación para o curso 2013-2014 destinadas a funcionarios docentes no universitarios, conforme ao baremos que figura no Anexo III da Orde do 5 de xuño de 2013 (DOG do 15 de xullo) e á resolución da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se realiza a oferta pública de formación permanente do profesorado en linguas estranxeiras en Canadá e Francia.

Establécese un prazo de cinco días naturais, contados a partir do día seguinte ao da data de publicación, para que os interesados poidan efectuar as posibles reclamacións.

Por mor dunha maior axilidade na xestión, poden adiantar as posibles alegacións e renuncias por correo electrónico ao enderezo: asesoria.linguasestranxeiras@du.xunta.es ou por fax ao número 981.54.65.50. O que non exclúe facelo oficialmente co selo de rexistro de envío ou correo postal.

Menú Advertisement

Licenzas por formación

Sen términos