Listaxe de asignación de prazas a titulados en Deseño LOXSE que aspiran a cursar ensinanzas superiores en Deseño LOE no curso 2013/14

Xov, 05/09/2013 - 13:24

Xúntase a Relación de titulados/as en deseño (LOXSE) que aspiran a cursar no ano académico 2013-14, as ensinanzas superiores de deseño (LOE) na mesma especialidade, nas EEASSD de Galicia, por especialidade e centro elixido en 1º opción, e ordenados/as pola mellor cualificación media do seu expediente académico.

Os / as aspirantes que acadan praza deberán formalizar a matrícula na EASD correspondente antes do 16 de setembro de 2013. De non facelo, agás causa debidamente xustificada perante a dirección da mesma, a praza acadada seralle ofrecida ao / á aspirante mellor cualificado da listaxe de agarda.