Instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Deseño para o curso 2013/14
Xúntase a Resolución do 25 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Deseño para o curso 2013/14.
Inscrición para realizar as probas: A inscrición farase na Secretaría da Escola de Arte e Superior de Deseño de Galicia elixida en primeira ou única opción, no prazo comprendido entre o día seguinte ao de publicación da presente resolución e o 6 de xuño, ambos incluídos. Para tal fin, os centros deberán expor nos seus taboleiros de anuncios a normativa reguladora de admisión do alumnado.
Resolución do 25 de abril de 2013 (DOG) Corrección de erros (DOG) Listaxe definitiva de persoas admitidas Cualificación nas probas específicas de Deseño de Produto e Deseño de Interiores Cualificación nas probas específicas Deseño Gráfico e Deseño de Moda Relación provisional de aspirantes admitidos a cursar as ensinanzas superiores de deseño Listaxe definitiva de admitidos/as por centro Listaxe de prazas vacantes e lista de agarda Asignación de prazas a titulados en Deseño LOXSE que aspiran a cursar ensinanzas superiores en Deseño LOE Listaxe definitiva de prazas vacantes e lista de agarda