O131002 Defensa contra incendios forestais
Obxectivos
Analizar a orixe e o comportamento do lume nos incendios forestais.
Analizar e coñecer a xestión que desde a administración se realiza na prevención,detección,vixilancia e extinción do lume forestal.
Coñecer o funcionamento e o papel dos distintos medios materiais e humáns no control de lumes forestais
Contidos
Combustible forestal: bases fisicoquímicas. Comportamento do lume.
Medios materiais e humanos dispoñibles para o control do lume forestal.
Xestión desde a administración dos recursos materiais e humanos na prevención e extinción de incendios.
Modelización de incendios. Investigación dos incendios forestais.
Lexislación de referencia na prevención e defensa dos incendios forestais.
Normativa de seguridade e hixiene aplicable.