Reparación e repintado de plásticos no automóbil-O1301005

Descrición: Prácticas cos distintos materiais e distintas posibilidades de reparación e prácticas de repintado e difuminado de plásticos. Os materiais empregados serán: Varillas para soldar en quente, Mallas de aluminio para reforzar diversos materiais, Kits de soldadura en frío, Imprimación para plásticos, Aparello especial plásticos, Acabados texturizados Temporalización: 01/07/2013 (10:00-14:00 e 16:00-20:00) - 02/07/2013 (10:00-14:00 e 16:00-19:00) Data límite de inscrición: 15/06/2013 Lugar: IES Universidade Laboral, Ourense Prazas: 15 Coordinadora: Elia Vázquez Varela.
Ven, 30/08/2013 - 11:46
Reparación e repintado de plásticos no automóbil

Obxectivos

1.Coñecer as características e propiedades dos materiais plásticos mais empregados na automoción

2.Saber reparar deformacións ou danos superficiais das partes plásticas dun automóbil

3.Saber pintar pezas plásticas



Contidos

1.Termoplásticos, elastómeros e durómeros: P-polipropileno-PC, policarbonato-PVC, cloruro de polivinilo, ABS, etc

2.Técnicas de reparación: posibilidades segundo cada tipo de plástico, compoñentes químicos, tratamento de deformacións, etc

3.Pintado e difuminado de pezas plásticas