fr. subst. Espazo da vía pública onde non está permitida a circulación de vehículos de motor nin de ciclomotores, exceptuando os vehículos de urxencia, os taxis que transportan persoas de mobilidade reducida, vehículos privados dos residentes e, por veces, vehículos de carga e descarga e de servizos. Nesta zona teñen prioridade de paso os peóns. É frecuente nos núcleos residenciais e nas zonas comerciais ou de lecer das áreas urbanas.
fr. subst. Espazo que envolve unha unidade de tráfico que circula por unha vía e no cal se pode desprazar de maneira imprevista.
fr. subst. Zona sinalizada que identifica a proximadade dun centro de ensino e, polo tanto, a presenza de menores preto da vía.