fr. subst. Tramo dunha vía en que, debido ás súas características xeométricas e estruturais ou pola intensidade do tráfico, adoita ocorrer un índice elevado de accidentes de tráfico (ex. cruzamento sen visibilidade, curvas en zona urbana, estradas sen pasos de peóns). Sin. tramo de concentración de accidentes.
fr. subst. Servizo prestado para garantir a seguridade viaria dos escolares; pode estar formado por docentes, persoal non docente ou mesmo alumnado.
s.f. Medida de seguridade tomada para evitar que se produza un perigo.
s.m. Ameaza contra a seguridade do tráfico. Cfr. risco.
fr. subst. Zona da calzada sinalizada para garantir a seguridade do tránsito de peóns a través da vía. Os peóns teñen prioridade nun paso de peóns.
fr. subst. Proba para determinar o índice de alcohol que se realiza de xeito rutinario en controis preventivos, ou en caso de accidente ou infracción. A proba de alcoholemia realízase directamente mediante unha análise de sangue (cunha analítica) ou, indirectamente, de aire expirado (co etilómetro), de saliva ou de ouriños.
s.f. Preferencia dun usuario sobre outro na incorporación ao mesmo lugar da vía.
s. Persoa nova que se está iniciando na condución como usuario de bicicleta ou motocicleta.
s.m. Usuario da vía que circula a pé.