Unirse a eTwinning

Unirse á comunidade máis grande de centros escolares de Europa é moi doado!

eTwinning atópase na Plataforma Europea de Educación Escolar (European School Education Platform ou ESEP).

O email de asistencia do SNA é asistencia.etwinning@educacion.gob.es

Como rexistrarse en eTwinning
Antes de darte de alta, comproba se xa tes un rexistro. Para iso, consulta nas túas caixas de correo, e se atopas algunha mensaxe relacionada con eTwinning, posiblemente xa teñas un rexistro. Nese caso, contacta con etwinning@edu.xunta.gal
  1. Decide con que enderezo de correo queres facer o teu rexistro. Dende a asesoría recomendamos que empregues a túa conta de edu.xunta.gal, xa que te acompaña durante a túa carreira profesional.
  2. Accede a https://school-education.ec.europa.eu/en
  3. Preme en Create Account.
  4. Completa todos os datos:nome e apelidos deben ir completos, con tildes se é o caso, e as maiúsculas corrrespondentes.
  5. O rol cómpre sempre que sexa TEACHER.
  6. Preme JOIN ETWINNING sempre que cho ofreza.
  7. O teu perfil debe ser VISIBLE para usuarios rexistrados.
  8. Cando chegues ao paso "Add Organization", busca o nome do teu centro educativo cunha palabra chave, non co nome completo. Se non che aparece no despregable, contacta con etwinning@edu.xunta.gal ou co 981 546 545 / 981 546 533
  9. A persoa directora do teu centro recibirá un correo solicitando a confirmación da túa identidade.

Unha vez que estea o rexistro validado, xa formarás parte da maior comunicade de docentes de Europa!

Consultas frecuentes sobre eTwinning
  • O meu rexistro aparece como ESEP Registered.

Cómpre cubrir todos os campos que nos pide a plataforma para completar o rexistro. Si tras ese paso persiste ese estado, contacta con etwinning@edu.xunta.gal, indicándonos o teu nome completo e o enderezo de correo co que fixeches o rexistro.

  • O meu rexistro aparece como Waiting for Validation

É normal ata os sete días seguintes á alta. Os rexistros adoitan ser validados nos 7 días seguintes á alta, por mor do proceso seguro de verificación. Se tes este estado dende hai máis dunha semana, contacta con etwinning@edu.xunta.gal, poniendo en copia a tu centro, e indicándonos tu nombre completo.

  • O meu centro non recibiu a solicitude de validación do meu perfil.

Esta solicitude non se recibe inmediatamente cando hai un novo rexistro. Se ao cabo duns 3-4 días non se recibiu, a persoa directora do teu centro ten que escribirnos directamente a etwinning@edu.xunta.gal indicando o nome da/o docente. 

  • Non me chega o correo para restablecer o meu contrasinal de acceso de EU Login.

Emprega o navegador Firefox. 

  • O meu contacto non pode engadirme como co-fundador/a dun proyecto.

Comproba no teu perfil que está activada a opción de "Dispoñible para proxectos eTwinning".

  • O meu contacto non me pode anexar a un proxecto.

Ademáis de comprobar no teu perfil que está activada  a opción de "Dispoñible para proxectos eTwinning", asegúrate de que este proxecto está fundado e validado. 

  • Teño dous rexistros ao meu nome (rexistro duplicado).

Contacta con etwinning@edu.xunta.gal

  • Cambiei de centro. Teño que validarme de novo?

Cómpre que engadas o novo centro no teu perfil, e que saias do centro anterior. Efectivamente, necesitas de novo a valiación.