Colaboracións na Atención á Diversidade Dende as diferentes instancias educativas, e coa pretensión de dar unha resposta o máis ampla e axustada posible ao alumnado dos nosos centros, estableceranse canles de comunicación, participación e colaboración tanto coas familias como con outras institucións implicadas na atención á diversidade.
Tendo en conta a importancia da colaboración entre os diferentes organismos, institucións e servizos implicados na atención á diversidade do alumnado, intentarase a colaboración entre as distintas administracións, entidades, asociacións e outras organizacións con atribucións na prevención, detección temperá e intervención educativa co alumnado, e estableceranse protocolos comúns de actuación, favorecéndose deste xeito o intercambio de información e a difusión de boas prácticas.
Ademais, as nais, pais ou titores legais do alumnado deben compartir o esforzo educativo, participando e colaborando, nos termos legalmente establecidos, nas decisións que afecten á escolarización e aos procesos educativos do alumnado e ao seu desenvolvemento integral (mellora da autonomía, esforzo, autoestima, participación e convivencia, proceso de
avaliación inicial do alumnado,posibles avaliacións psicopedagóxicas...).