Según o Decreto DECRETO 74/2011, do 14 de abril, polo que se regula a formación permanente do profesorado que imparte as ensinanzas establecidas na Lei orgánica de educación (LOE), os centros de formación e recursos prestarán un servizo de apoio e responsabilízaránse da xestión da formación permanente do profesorado que imparte ensinanzas de niveis non universitarios en centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia no seu ámbito de actuación.
O CFR de Vigo ten como obxectivo e vocación o desenvolvemento de actividades de formación que impliquen unha mellora da calidade educativa nos centros do seu ámbito territorial, potenciando actividades tales coma cursos, proxectos de formación en centros, grupos de traballo, seminarios e proxectos de formación para profesorado de formación profesional, así coma outras actuacións encamiñadas á difusión de experiencia e ao asesoramento docente.
Na mellora continua da eficiencia do servizo que prestamos pretendemos facilitar ao profesorado, a través desta web: a realización de actividades formativas, a difusión de materiais didácticos e curriculares de calidade e que sirva de punto de encontro entre os docentes do noso ámbito formativo.
MISIÓN
Promover o desenvolvemento profesional do profesorado para a mellora da práctica educativa, ofertando accións formativas diversificadas, dinámicas e innovadoras, que dean resposta ao dereito e á obriga de todo o profesorado á súa actualización científica, didáctica e relacional.
VISIÓN
Ser un lugar de referencia para o fomento e intercambio de coñecemento, para a innovación pedagóxica, para os recursos dispoñibles no desenvolvemento das accións formativas, buscando a calidade nos servizos prestados, a implicación e satisfacción de todos os axentes que interveñen, na procura da mellora das competencias profesionais docentes.
VALORES
Estimular o carácter dinámico e innovador co obxectivo de estar á vangarda das últimas tendencias metodolóxicas e tecnolóxicas.
Compromiso coa calidade formativa a través da implantación e desenvolvemento de sistemas de xestión dirixidos á mellora continua, acordes a modelos internacionalmente aceptados.