As accións formativas dirixidas aos centros da Rede Abalar son as seguintes:
Centros que xa pertencen á Rede Abalar en cursos anteriores
Estes centros poderán acollerse ás actividades formativas que se ofertan con carácter voluntario, e que están dirixidas a continuar coa formación iniciada nos centros durante os cursos pasados. Realízase unha oferta específica de Proxectos de Formación en Centros e Grupos de Traballo Abalar.
As actividades específicas de formación en centros que se ofertan lístanse a continuación
Xunto con esta oferta de formación en centros, o profesorado e as persoas que realicen as funcións de coordinación Abalar terán preferencia na admisión nos cursos que se oferten especificamente para o proxecto Abalar no CAFI e os CFR. Case todos estes cursos teñen no título as palabras “Edición Abalar”.
Características xerais
- Estarán coordinados polo coordinador Abalar do centro.
- Deben participar a lo menos os dous terzos do profesorado que imparta docencia ao alumnado das aulas Abalar.
- Opcionalmente, pode participar o resto do profesorado do centro.
- Poden dedicarse a docencia, que pode ser impartida por profesorado do centro, un máximo do 40% das horas totais.
- Durará un mínimo de 30 horas e un máximo de 50.
- O 25% do total das horas poderán computarse como tempo de traballo individual e a asignación do mesmo deberá constar nas actas das sesións de desenvolvemento.
- O orzamento non pode pasar dos 1000 euros