O CFR de Lugo (Centro de Formación e Recursos de Lugo) é unha institución dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria encargadas da formación permanente do profesorado nos niveis non universitarios.
O Centro de Formación e Recursos de Lugo (CFR Lugo), ten como principais funcións:
- Detectar e recoller as necesidades e demandas de formación nos centros educativos do seu ámbito de actuación e propoñer iniciativas e accións formativas que as satisfagan.
- Deseñar e desenvolver o plan de formación do profesorado do seu ámbito.
- Promover accións de formación do profesorado nos centros, encamiñadas a impulsar a investigación educativa, fomentando e apoiando a participación do profesorado en seminarios permanentes, grupos de traballo, proxectos de formación en centros ou calquera outra modalidade de formación.
- Promover a innovación e as actividades de intercambio, debate e difusión de experiencias educativas entre o profesorado.
- Promover a elaboración de materiais didácticos e de apoio á acción educativa.
- Participar en actividades de dinamización social e cultural en colaboración cos centros educativos do seu ámbito de actuación.
- Proporcionar ao profesorado do seu ámbito territorial un servizo de documentación, elaboración e difusión de material didáctico, así como o acceso ao uso dos recursos pedagóxicos e dos fondos das súas bibliotecas e mediatecas.
- Promover accións de formación orientadas á normalización lingüística.
- Colaborar con outras institucións en accións relativas á formación permanente e á innovación educativa.
- Calquera outra que a Administración educativa lle encomende en relación cos obxectivos propios do centro.
- Participar nos estudos e nas accións de avaliación relativos á formación permanente do profesorado.
MISIÓN
Promover o desenvolvemento profesional do profesorado para a mellora da práctica educativa, ofertando accións formativas diversificadas, dinámicas e innovadoras, que dean resposta ao dereito e á obriga de todo o profesorado á súa actualización científica, didáctica e relacional.
VISIÓN
Ser un lugar de referencia para o fomento e intercambio de coñecemento, para a innovación pedagóxica, para os recursos dispoñibles no desenvolvemento das accións formativas, buscando a calidade nos servizos prestados, a implicación e satisfacción de todos os axentes que interveñen, na procura da mellora das competencias profesionais docentes.
VALORES
Estimular o carácter dinámico e innovador co obxectivo de estar á vangarda das últimas tendencias metodolóxicas e tecnolóxicas.
Compromiso coa calidade formativa a través da implantación e desenvolvemento de sistemas de xestión dirixidos á mellora continua, acordes a modelos internacionalmente aceptados.