O CAFI e os CFR da Comunidade Autónoma Galega, consecuentemente coas directrices para a formación do profesorado da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, poñen en marcha, para o vindeiro curso académico 2022-2023 diferentes sistemas de apoio ao perfeccionamento, entre os que se inclúe a convocatoria de seminarios dirixidos ao profesorado en activo de todos os niveis educativos, agás o universitario, que imparta ensinanzas en centros sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
O profesorado interesado deberá facer a súa preinscrición a través da aplicación informática Fprofe (https://www.edu.xunta.gal/fprofe <“CONVOCATORIAS”>) ata o 26 de setembro de 2022. Non será tida en conta outro tipo de preinscrición.