Presentación

head

O Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI)

1. É a unidade encargada do deseño das accións da formación permanente do profesorado. Nel estarán integrados os asesores e asesoras especialistas que determine a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

2. Responsabilízase do deseño, coordinación e xestión da formación a distancia de todo o profesorado galego que exerce as súas funcións nos niveis educativos  non universitarios.  

3. Encárgase de deseñar e coordinar a formación do profesorado de Formación Profesional.  

4. Responsabilízase da planificación e organización da formación permanente e  presta un servizo de asesoramento e apoio ao profesorado no seu ámbito de  actuación.  

5. Depende funcionalmente da dirección xeral da que dependa o Servizo de Formación do Profesorado e organicamente da xefatura territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. correspondente.  

6. Estará integrado polo persoal docente e de administración e servizos que se determine.

 

MISIÓN

Promover o desenvolvemento profesional do profesorado para a mellora da práctica educativa, ofertando accións formativas diversificadas, dinámicas e innovadoras, que dean resposta ao dereito e á obriga de todo o profesorado á súa actualización científica, didáctica e relacional.

 

VISIÓN

Ser un lugar de referencia para o fomento e intercambio de coñecemento, para a innovación pedagóxica, para os recursos dispoñibles no desenvolvemento das accións formativas, buscando a calidade nos servizos prestados, a implicación e satisfacción de todos os axentes que interveñen, na procura da mellora das competencias profesionais docentes.

 

VALORES

Estimular o carácter dinámico e innovador co obxectivo de estar á vangarda das últimas tendencias metodolóxicas e tecnolóxicas.

Compromiso coa calidade formativa a través da implantación e desenvolvemento de sistemas de xestión dirixidos á mellora continua, acordes a modelos internacionalmente aceptados.

 

Funcións do Centro Autonómico de Formación e Innovación.

a) Coordinar o deseño das accións formativas que integran os plans anuais de formación.  

b) Seleccionar e adaptar contidos para contornos educativos dixitais.   

c) Deseñar e desenvolver a formación a distancia.  

d) Deseñar e coordinar a formación do profesorado de Formación Profesional.

e) Desenvolver e avaliar proxectos de investigación e innovación educativa.

f) Promover a elaboración de materiais didácticos e de apoio á acción educativa.

g) Promover a innovación e as actividades de intercambio, debate e difusión de experiencias educativas entre o profesorado. 

h) Colaborar con outras institucións en accións relativas á formación permanente e á innovación educativa.

i) Detectar e recoller as necesidades e demandas de formación nos centros educativos do seu ámbito de actuación e propoñer iniciativas e accións formativas que as satisfagan. 

j) Proporcionarlle ao profesorado, especialmente do seu ámbito territorial, un servizo de  documentación, elaboración e difusión de material didáctico, así como o acceso ao uso dos recursos pedagóxicos e dos fondos das súas bibliotecas e mediatecas.

l) Calquera outra que a administración educativa lle encomende en relación cos obxectivos propios do centro.