STMV01
STMV01 - Automoción
Que se aprende a facer?
Organizar, programar e supervisar a execución das operacións de mantemento e a súa loxística no sector de automoción, diagnosticando avarías en casos complexos, e garantindo o cumprimento das especificacións establecidas pola normativa e polo fabricante do vehículo.
En que ámbitos se traballa?
No sector de construción e mantemento de vehículos, nos subsectores de automóbiles, vehículos pesados, tractores, maquinaria agrícola, de industrias extractivas, de construción e de obras públicas. Compañías de seguros. Empresas fabricantes de vehículos e compoñentes. Empresas dedicadas á inspección técnica de vehículos. Laboratorios de ensaios de conxuntos e subconxuntos de vehículos. Empresas dedicadas á fabricación, a venda e a comercialización de equipamentos de comprobación, diagnose e recambios de vehículos. Empresas de flotas de alugamento de vehículos, servizos públicos, e transporte de pasaxeiros e de mercadorías.
Que ocupacións se desempeñan?
Xefe/a da área de electromecánica. Recepcionista de vehículos. Xefe/a de taller de vehículos de motor. Encargado/a de ITV. Perito/a taxador/ora de vehículos. Xefe/a de servizo. Encargado/a da área de recambios. Encargado/a da área comercial de equipamentos relacionados cos vehículos. Xefe/a da área de carrozaría: chapa e pintura.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0294 | Elementos amovibles e fixos non estruturais | 213 | 8 | |
1º | MP0299 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP0293 | Motores térmicos e os seus sistemas auxiliares | 267 | 10 | |
1º | MP0291 | Sistemas eléctricos e de seguridade e confortabilidade | 240 | 9 | |
1º | MP0297 | Xestión e loxística do mantemento de vehículos | 133 | 6 | |
2º | MP0300 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
2º | MP0296 | Estruturas do vehículo | 123 | 7 | |
2º | MP0301 | Formación en centros de traballo | 384 | ||
2º | MP0298 | Proxecto en automoción | 26 | ||
2º | MP0292 | Sistemas de transmisión de forzas e trens de rodaxe | 209 | 12 | |
2º | MP0309 | Técnicas de comunicación e de relacións | 53 | 3 | |
2º | MP0295 | Tratamento e recubrimento de superficies | 192 | 11 |
Réxime de persoas adultas na modalidade presencial
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade presencial. Curso 2023-2024.
Réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia. Curso 2023-2024.
Modalidade de formación profesional dual
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Curtis | 15022620 | IES de Curtis | 881880620 |
Ferrol | 15006754 | CIFP Ferrolterra | 981333107 |
Ordes | 15027782 | IES Ordes | 881960334 |
Ponteceso | 15026406 | IES Eduardo Pondal | 881880924 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Chantada | 27003175 | IES Val do Asma | 982870236 |
Lugo | 27006528 | CIFP As Mercedes | 982828001 |
Lugo | 27006528 | CIFP As Mercedes | 982828001 |
Lugo | 27006528 | CIFP As Mercedes | 982828001 |
Ribadeo | 27020793 | CIFP Porta da Auga | 982128894 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Ourense | 32009131 | IES Universidade Laboral | 988788486 |
Verín | 32013582 | IES García-Barbón | 988685085 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Lalín | 36013758 | IES Laxeiro | 886151940 |
Sanxenxo | 36019256 | IES de Vilalonga | 886159137 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).