SSSC03

 

SSSC03 - Animación sociocultural e turística

Ciclo formativo
Familia: Servizos socioculturais e á comunidade
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SSSC03
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Programar, organizar, pór en práctica e avaliar intervencións de animación sociocultural e turística, promovendo a participación activa das persoas e dos grupos destinatarios, e coordinando as actuacións de profesionais e persoal voluntario ao seu cargo.

 

En que ámbitos se traballa?
No sector dos servizos á comunidade (desenvolvemento comunitario e información xuvenil), no sector dos servizos culturais (lectura e información, tecnoloxías da información e da comunicación, etc.) e de recursos e produtos culturais diversos, e nos sectores de servizos turísticos e de lecer e tempo libre (actividades lúdicas e deportivas, ambientais e de aire libre).

 

Que ocupacións se desempeñan?
Coordinador/ora de tempo libre educativo infantil e xuvenil. Director/ora de tempo libre educativo infantil e xuvenil. Responsable de proxectos de tempo libre educativo infantil e xuvenil. Coordinador/ora ou director/ora de campamentos, albergues de xuventude, casas de colonias, granxas-escola, e aulas de casas de xuventude e escolas de natureza. Monitor/ora de tempo libre. Animador/ora sociocultural. Dinamizador/ora comunitario/a. Asesor/ora para o sector asociativo. Técnico/a comunitario/a. Xestor/ora de asociacións.Técnico/a de servizos culturais. Animador/ora cultural. Informador/ora xuvenil. Animador/ora de hotel. Animador/ora de veladas e espectáculos. Animador/ora de actividades recreativas ao aire libre en complexos turísticos. Xefe/a de departamento en animación turística.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP1125 Animación e xestión cultural 213 8
MP1131 Contexto da animación sociocultural 107 4
MP1128 Desenvolvemento comunitario 107 4
MP1133 Formación e orientación laboral 107 4
MP1129 Información xuvenil 133 5
MP0179 Inglés 160 6
MP0344 Metodoloxía da intervención social 133 5
MP1123 Actividades de lecer e tempo libre 156 9
MP1126 Animación turística 140 8
MP1124 Dinamización grupal 123 7
MP1134 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP1135 Formación en centros de traballo 384
MP1130 Intervención socioeducativa con xente nova 105 6
MP0020 Primeiros auxilios 53 3
MP1132 Proxecto de animación sociocultural e turística 26




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).