SSAN07

 

SSAN07 - Radioterapia e dosimetría

Ciclo formativo
Familia: Sanidade
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SSAN07
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Aplicar tratamentos con radiacións ionizantes baixo prescrición médica, utilizar equipamentos provistos de fontes encapsuladas ou produtores de radiacións, aplicando as normas de radioprotección xerais e específicas, e asistindo o/a paciente durante a súa estadía na unidade, así como realizar procedementos de protección radiolóxica hospitalaria, seguindo normas de garantía de calidade e os protocolos establecidos na unidade asistencial.

 

En que ámbitos se traballa?
No sector sanitario, en organismos e institucións do ámbito público e en empresas privadas, en unidades de oncoloxía radioterápica, en unidades ou servizos de radiofísica hospitalaria, en unidades técnicas de protección radiolóxica e en centros de investigación. Realizan o seu traballo baixo a supervisión do/da facultativo/a correspondente e o/a supervisor/ora da instalación, coa conseguinte acreditación como operador/ora de instalacións radioactivas outorgada polo Consello de Seguridade Nuclear (CSN). A súa actividade profesional está sometida a regulación pola Administración sa-nitaria estatal.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a superior en radioterapia. Técnico/a especialista en radioterapia. Persoal auxiliar dos servizos de protección radiolóxica. Delegado/a comercial de equipamentos de radioelectroloxía médica.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP1347 Anatomía pola imaxe 266 10
MP1345 Atención ao/á paciente 160 6
MP1364 Formación e orientación laboral 107 4
MP1346 Fundamentos físicos e equipamentos 267 10
MP1348 Protección radiolóxica 160 6
MP1360 Dosimetría física e clínica 140 8
MP1365 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP1366 Formación en centros de traballo 384
MP1363 Proxecto de radioterapia e dosimetría 26
MP1359 Simulación do tratamento 105 6
MP1362 Tratamentos con braquiterapia 123 7
MP1361 Tratamentos con teleterapia 209 12




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).