SSAN03
SSAN03 - Ortoprótese e produtos de apoio
Que se aprende a facer?
Deseñar, elaborar e adaptar orteses, próteses, ortopróteses e produtos de apoio realizados de acordo co establecido na regulamentación destes produtos na normativa vixente, atendendo á prescrición oficial correspondente e á avaliación física e psicosocial da persoa usuaria, así como efectuar o seu seguimento e o seu mantemento, e organizar e xestionar o establecemento ortoprotésico.
En que ámbitos se traballa?
Sector sociosanitario, subsector da ortopedia técnica, como técnico/a ou responsable técnico/a dos establecementos con servizo de fabricación á medida ou de adaptación individualizada de produtos ortoprotésicos e produtos de apoio. Sector industrial, como técnico/a de fabricación, baixo a supervisión do/da responsable técnico/a, nas empresas de fabricación seriada de produtos sanitarios, tanto ortoprotésicos como de apoio. Técnico/a das empresas de fabricación seriada de produtos de apoio que non teñan a consideración de produtos sanitarios. En equipos multidisciplinares en institucións de investigación, desenvolvemento e innovación, ou como persoal sanitario non facultativo de centros e institucións sanitarias de carácter público e privado; en centros e institucións sociosanitarias. Fabricante de produtos ortoprotésicos á medida, en réxime de autónomo/a ou logo da constitución dunha empresa, mediante a obtención da licenza correspondente.
Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a superior en ortoprotésica; técnico/a ortopédico/a, en produtos de apoio, en adecuación do contorno e accesibilidade e da fabricación en serie de produtos ortoprotésicos e produtos de apoio; responsable técnico/a de establecementos de adaptación e/ou distribución de produtos ortoprotésicos, da fabricación á medida de produtos ortoprotésicos e produtos de apoio e de taller de ortopedia hospitalario; visitador/ora ou promotor/ora sanitario; asesor/ora de produtos e servizos do sector.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0061 | Anatomofisioloxía e patoloxía básicas | 107 | ||
1º | MP0331 | Biomecánica e patoloxía aplicada | 240 | ||
1º | MP0326 | Deseño e moldeamento anatómico | 160 | ||
1º | MP0328 | Elaboración e adaptación de produtos ortésicos á medida | 213 | ||
1º | MP0334 | Formación e orientación laboral | 107 | ||
1º | MP0325 | Tecnoloxía industrial aplicada á actividade ortoprotésica | 133 | ||
2º | MP0327 | Adaptación de orteses prefabricadas | 105 | ||
2º | MP0330 | Adaptación de produtos de apoio | 157 | ||
2º | MP0332 | Atención psicosocial | 105 | ||
2º | MP0329 | Elaboración e adaptación de próteses externas | 210 | ||
2º | MP0335 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | ||
2º | MP0336 | Formación en centros de traballo | 384 | ||
2º | MP0333 | Proxecto de ortopróteses e produtos de apoio | 26 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).