SSAN02
SSAN02 - Próteses dentais
Que se aprende a facer?
Deseñar, fabricar e reparar próteses dentofaciais, aparellos de ortodoncia e férulas oclusais segundo prescrición e indicacións facultativas, así como efectuar o reaxuste necesario para o seu acabamento e xestionar un laboratorio de próteses dentais realizando as operacións para a comercialización do produto, e respectando a normativade seguridade e protección ambiental, así como as especificacións de calidade.
En que ámbitos se traballa?
No sector sanitario, en empresas privadas ou en institucións asistenciais, como fabricante de produtos sanitarios dentais á medida en laboratorios de prótese dental, como traballador autónomo ou por conta allea, e en empresas da industria dental, como fábricas provedoras de materiais e maquinaria, ou en depósitos dentais, participando nas actividades de formación específicas da empresa. Tamén pode desenvolver a súa actividade no campo da investigación tecnolóxica dentro de empresas do sector dental en a instrución na industria dental impartindo cursos básicos ou avanzados sobre novos materiais e novas técnicas. A súa actividade está sometida a regulación pola Administración sanitaria estatal.
Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a superior en próteses dentais, técnico/a especialista en próteses dentais,responsable técnico/a dun laboratorio de prótese dental, comercial na industria dental ou depósitos dentais, responsable técnico/a en departamentos de investigación e desenvolvemento de produtos na industria dental.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0856 | Aparellos de ortodoncia e férulas oclusais | 266 | 10 | |
1º | MP0854 | Deseño funcional de próteses | 133 | 5 | |
1º | MP0862 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP0821 | Laboratorio de próteses dentais | 80 | 3 | |
1º | MP0855 | Próteses completas | 187 | 7 | |
1º | MP0857 | Restauracións e estruturas metálicas en prótese fixa | 187 | 7 | |
2º | MP0863 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
2º | MP0864 | Formación en centros de traballo | 384 | ||
2º | MP0858 | Próteses parciais removibles metálicas, de resina e mixtas | 210 | 12 | |
2º | MP0860 | Próteses sobre implantes | 157 | 9 | |
2º | MP0861 | Proxecto de próteses dentais | 26 | ||
2º | MP0859 | Restauracións e recubrimentos estéticos | 210 | 12 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).