Acreditación de competencias. Solicitudes e inscrición 2018

A solicitude de participación no procedemento farase empregando a aplicación infor­mática subministrada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezo http://www.edu.xunta.es/acreditacion
A solicitude, logo de ser cuberta e xerada pola aplicación, deberase imprimir para a súa presentación, dirixida á secretaría dos centros onde se vaia desenvolver o proceso, segundo o establecido no anexo II.

prazo de presentación de solicitudes será desde o 10 de xaneiro ata o 2 de febreiro de 2018, ámbolos dous incluídos.

A aplicación informática para solicitar a participación estará activa a partir do 10 de xaneiro de 2018.

Xunto coa solicitude, deberase presentar a seguinte documentación:

Para todos os solicitantes

  • Currículum vitae europeo en formato oficial. Poderase xerar desde a aplicación informática cos datos incorporados nas pestanas de formación, experiencia e historial profesional e formativo
  • Certificado acreditativo da discapacidade de non ter que ser emitido pola Xunta, no caso de solicitar algunha adaptación
  • Copia dos certificados que acrediten a formación alegada, nos que consten os contidos e as horas de formación e o organismo que a acredita
  • No caso de persoas estranxeiras, permiso de traballo, só no caso de opoñerse expresamente á consulta de residencia ou de non presentar o documento acreditativo
  • Certificado do rexistro de cidadán ou cidadá comunitario/a ou tarxeta familiar de cidadán da Unión Europea, ou no seu caso, copia do pasaporte en vigor (no caso de cidadáns comunitarios que non estean recollidos na situación anterior)

Para os solicitantes que reúnan os requisitos pola vía da experiencia laboral

- Solicitantes que adquiran as competencias como traballadores e traballadoras asalariados

  • Certificado da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, do Instituto Social da Mariña, ou da mutualidade laboral na que se teña afiliación, onde consten a empresa, a categoría laboral (grupo de cotización) e o período de contratación (informe de vida laboral)
  • Copia dos contratos de traballo
  • Certificado da empresa no que se adquirira a experiencia laboral, no que se reflicta especificamente a duración dos períodos de prestación do contrato, a actividade desenvolvida e o intervalo de tempo na que se teña realizado a devandita actividade segundo modelo de anexo V

- Solicitantes que adquiran as competencias como traballadores ou traballadoras autónomos ou por conta propia

  • Certificado da Tesourería Xeral da Seguridade Social ou do Instituto Social da Mariña dos períodos de alta na Seguridade Social no Réxime especial correspondente
  • Descrición da actividade desenvolvida e intervalo de tempo no que se realizou adaptado ao modelo de anexo V

- Solicitantes que adquiran as competencias como traballadores ou traballadoras voluntarios ou bolseiros

  • Certificación da organización onde consten as actividades e funcións realizadas e o número total de horas adaptado ao modelo de anexo V

- Solicitantes que non poidan xustificar a súa experiencia acolléndose ao artigo 6.2

  • Calquera outra documentación de carácter laboral e/ou formativo que sirva como proba potencial da competencia que se pretenda demostrar e permita contrastar os requisitos

 

- Deberase achegar necesariamente a tradución oficial de todos os documentos que non estean redactados nas linguas galega ou castelá.

- A falsidade nos datos achegados ou declarados suporá a exclusión do procedemento.

Cada participante cubrirá unha única solicitude. Poderá elixir unha ou varias unidades de competencia das que se convocan, sempre que estean incluídas nun mesmo ciclo for­mativo e se desenvolvan nunha mesma sede.

Só serán aceptadas aquelas solicitudes que sexan entregadas no centro onde se realice o procedemento ao que se presente o solicitante. Os centros figuran no anexo II da orde do 29 de decembro de 2017 (publicada no DOG do 10 de xaneiro de 2018), que regula este procedemento.