SIFC01
SIFC01 - Administración de sistemas informáticos en rede
Que se aprende a facer?
Configurar, administrar e manter sistemas informáticos, garantindo a funcionalidade e a integridade dos recursos e dos servizos do sistema, coa calidade esixida e conforme a regulamentación.
En que ámbitos se traballa?
Na área de informática de entidades e empresas que dispoñan de sistemas para a xestión de datos e infraestrutura de redes (intranet, internet e/ou extranet).
Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a en administración de sistemas, responsable de informática, técnico/a en servizos de internet, técnico/a en servizos de mensaxaría electrónica, persoal de apoio e soporte técnico, técnico/a en teleasistencia, técnico/a en administración de base de datos, técnico/a de redes, supervisor/ora de sistemas, técnico/a en servizos de comunicacións, e técnico/a en contornos web.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0380 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP0371 | Fundamentos de hardware | 107 | 4 | |
1º | MP0369 | Implantación de sistemas operativos | 213 | 8 | |
1º | MP0373 | Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información | 133 | 5 | |
1º | MP0370 | Planificación e administración de redes | 213 | 8 | |
1º | MP0372 | Xestión de bases de datos | 187 | 7 | |
2º | MP0374 | Administración de sistemas operativos | 140 | 8 | |
2º | MP0377 | Administración de sistemas xestores de bases de datos | 70 | 4 | |
2º | MP0381 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
2º | MP0382 | Formación en centros de traballo | 384 | ||
2º | MP0376 | Implantación de aplicacións web | 122 | 7 | |
2º | MP0379 | Proxecto de administración de sistemas informáticos en rede | 26 | ||
2º | MP0378 | Seguridade e alta dispoñibilidade | 105 | 6 | |
2º | MP0375 | Servizos de rede e internet | 140 | 8 |
Réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia. Curso 2023-2024.
Modalidade de formación profesional dual
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Curtis | 15022620 | IES de Curtis | 881880620 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).