Selección de estadías formativas 2022. Resolución definitiva da comisión de selección e avaliación
Publicada a Resolución definitiva da comisión de selección e avaliación de estadías formativas en empresas ou institucións para o ano 2022 destinadas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional inicial, e das artes plásticas e o deseño.
Contra a presente resolución poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Data de publicación 29/04/2022.