SELE03
SELE03 - Automatización e robótica industrial
Que se aprende a facer?
Desenvolver e xestionar proxectos de montaxe e mantemento de instalacións automáticas de medida, regulación e control de procesos en sistemas industriais, así como supervisar ou executar a montaxe, o mantemento e a posta en marcha deses sistemas, respectando criterios de calidade, seguridade, protección ambiental e deseño universal.
En que ámbitos se traballa?
Exércese a actividade profesional en empresas públicas e privadas relacionadas cos sistemas automáticos industriais, nas áreas de deseño, montaxe e mantemento de sistemas de automatización industrial.
Que ocupacións se desempeñan?
Xefe/a de equipo de supervisión de montaxe de sistemas de automatización industrial;xefe/a de equipo de supervisión de mantemento de sistemas de automatización industrial;verificador/ora de aparellos, cadros e equipamentos eléctricos; xefe/a de equipo en taller electromecánico; técnico/a en organización de mantemento de sistemas de automatización industrial; técnico/a de posta en marcha de sistemas de automatización industrial;proxectista de sistemas de control de sistemas de automatización industrial; proxectista de sistemas de medida e regulación de sistemas de automatización industrial; proxectista de redes de comunicación de sistemas de automatización industrial; programador/oracontrolador/ora de robots industriais; técnico/a en deseño de sistemas de control eléctrico;deseñador/ora de circuítos e sistemas integrados en automatización industrial.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0963 | Documentación técnica | 107 | 4 | |
1º | MP0970 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP0964 | Informática industrial | 107 | 4 | |
1º | MP0961 | Sistemas de medida e regulación | 133 | 5 | |
1º | MP0962 | Sistemas de potencia | 186 | 7 | |
1º | MP0959 | Sistemas eléctricos, pneumáticos e hidráulicos | 160 | 6 | |
1º | MP0960 | Sistemas secuenciais programables | 160 | 6 | |
2º | MP0967 | Comunicacións industriais | 192 | 11 | |
2º | MP0971 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
2º | MP0972 | Formación en centros de traballo | 384 | ||
2º | MP0968 | Integración de sistemas de automatización industrial | 175 | 10 | |
2º | MP0969 | Proxecto de automatización e robótica industrial | 26 | ||
2º | MP0966 | Robótica industrial | 87 | 5 | |
2º | MP0965 | Sistemas programables avanzados | 123 | 7 |
Réxime de persoas adultas na modalidade presencial
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade presencial. Curso 2023-2024.
Réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia. Curso 2023-2024.
Modalidade de formación profesional dual
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Ferrol | 15006754 | CIFP Ferrolterra | 981333107 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Carballiño, O | 32015037 | IES Manuel Chamoso Lamas | 988788380 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Moaña | 36004745 | IES Plurilingüe A Paralaia | 886120354 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).