SCOM04
SCOM04 - Márketing e publicidade
Que se aprende a facer?
A competencia xeral deste título consiste en definir e efectuar o seguimento das políticas de márketing baseadas en estudos comerciais, e en promocionar e publicitar os produtos e/ou servizos nos medios e nos soportes de comunicación axeitados, elaborando os materiais publipromocionais necesarios.
En que ámbitos se traballa?
As persoas que obteñan este título han exercer a súa actividade en empresas públicas e privadas de calquera sector produtivo, nomeadamente no sector do comercio e márketing, realizando funcións de planificación, organización e xestión de actividades de márketing, investigación comercial, publicidade e relacións públicas. Trátase de persoas por conta propia que xestionan a súa empresa realizando actividades de comunicación e de publicidade e eventos, ou de traballadores e traballadoras por conta allea que exercen a súa actividade nos departamentos de márketing, comunicación e gabinetes de prensa e comunicación de calquera empresa ou organización, no ámbito público e privado.
Que ocupacións se desempeñan?
Asistente do xefe de produto; técnico de márketing; técnico en publicidade; técnico en relacións públicas; organizador de eventos de márketing e comunicación; auxiliar de medios en empresas de publicidade; controlador de cursaxe ou emisión en medios de comunicación; técnico en estudos de mercado e opinión pública; técnico en traballos de campo; inspector de persoal enquisador; axente de enquisas e censos; codificador de datos para as investigacións de mercados.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP1014 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP0179 | Inglés | 160 | 6 | |
1º | MP1010 | Investigación comercial | 132 | 5 | |
1º | MP0931 | Márketing dixital | 187 | 7 | |
1º | MP0930 | Políticas de márketing | 187 | 7 | |
1º | MP0623 | Xestión económica e financeira da empresa | 187 | 7 | |
2º | MP1110 | Atención á clientela e ás persoas consumidoras e usuarias | 87 | 5 | |
2º | MP1007 | Deseño e elaboración de material de comunicación | 141 | 8 | |
2º | MP1013 | Formación en centros de traballo | 384 | ||
2º | MP1109 | Lanzamento de produtos e servizos | 105 | 6 | |
2º | MP1008 | Medios e soportes de comunicación | 87 | 5 | |
2º | MP1012 | Proxecto de márketing e publicidade | 26 | ||
2º | MP1009 | Relacións públicas e organización de eventos de márketing | 105 | 6 | |
2º | MP1011 | Traballo de campo na investigación comercial | 105 | 6 |
Réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia. Curso 2023-2024.
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).