Novas da Rede

A Formación Profesional galega participa no Salimat Abanca 2019

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional participa no 23º Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca 2019, que se celebra entre o 6 e o 9 de xuño no recinto Feira Internacional de Galicia Abanca en Silleda.

Actividades dos centros galegos de FP no Salimat Abanca 2019

Varios centros galegos das familias de Hostalaría e Turismo e Industrias Alimentarias realizarán actividades demostrativas e ofrecerán degustacións de produtos onde se mostren servizos e produtos innovadores que se están a realizar nos centros educativos de Formación Profesional de Galicia.

Día Centro Actividade
Xoves 6 CIFP Paseo das Pontes (A Coruña)

Elaboracións básicas de marroquinaría de 11.00 a 11.30 e de 11.30 a 12.00 horas.

Pregado artístico de toallas e panos de mesa de 12.00 a 12.30 e de 12.30 a 13.00 horas.

CIFP Compostela

Obradoiro de coctalaría de 17.00 a 17.30 horas.

Venres 7 IES de Vilamarín

Obradoiro de queixos artesanais galegos de 11.00 a 11.45 horas.

CIFP Carlos Oroza (Pontevedra) Obradoiro de alimentación saudable de 16.00 a 16.30 e de 16.45 a 17.15.
Sábado 8 IES Sanxillao (Lugo) Obradoiro de coctalaría sen alcohol de 11.00 a 11.30, de 12.00 a 12.30 e de 17.00 a 17.30.
Domingo 9 IES Fraga do Eume (Pontedeume)

Obradoiro de elaboración de doces de bagazo de cervexa artesá de 11.00 a 11.45, de 12.15 a 13.00, de 16.30 a 17.15 e de 18.00 a 18.45.

- Máis información

Salimat Abanca 2019
Salimat Abanca 2019
Salimat Abanca 2019
Salimat Abanca 2019
Salimat Abanca 2019