Premios a proxectos de innovación na FP. Relación de proxectos presentados. Convocatoria 2022
Publicada a listaxe de proxectos de innovación presentados á convocatoria da Resolución do 22 de decembro de 2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se convocan premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da formación profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
Na seguinte ligazón atopará a relación de proxectos presentados, agrupados por centro educativo coordinador, así como a documentación requirida se é o caso.
O prazo de presentación da documentación requirida será do 23 de febreiro ao 4 de marzo de 2022, ambos os dous incluídos.