Premios a proxectos de innovación na FP. Relación de proxectos presentados
Publicada a listaxe de proxectos de innovación presentados á convocatoria da Resolución do 19 de decembro de 2018 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se convocan premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
Na seguinte ligazón atopará a relación de proxectos presentados, agrupados por centro educativo coordinador, así como a documentación requirida se é o caso.
O prazo de presentación da documentación requirida remata o 3 de marzo de 2019.