Orientación profesional
Actualmente, elixir unha opción formativa e profesional é un proceso complicado que implica adaptarse aos rápidos cambios no mercado laboral.
A orientación profesional ten como obxectivo axudar as persoas de todas as idades, en todos os momentos da súa vida, a tomar unha decisión sobre educación, formación e profesión e a xestionar a súa traxectoria profesional.
Aquí as persoas poderán atopar información e recursos actualizados para unha toma de decisións responsable que facilite a súa inserción profesional.
Co fin de facilitar a reincorporación ao sistema educativo de todas as persoas interesadas en ampliar a súa formación, prevense posibilidades de recoñecer a formación adquirida previamente mediante as validacións e as equivalencias.